Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CROACIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é República. Croacia é unha república unitaria, democrática e parlamentaria. O Presidente de Croacia (Predsjednik) é o xefe de Estado, elixido directamente para un mandato de cinco anos, limitado pola Constitución a un máximo de dous. Ademais de ser o comandante en xefe das forzas armadas, o presidente ten o deber de nomear ao Primeiro Ministro co consentimento do Parlamento, ademais de posuír certa influencia na política exterior.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o punto máia alto de Croacia?

- Dinara

- Vojak

- Risnjak

- Ivanščica

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios