Blogia
vgomez

CANTO SABES DE GUINEA ECUATORIAL? VIII

Continúo coa serie adicada a Guinea Ecuatorial, un dos países máis misteriosos do mundo, máis pequenos de África e onde o español é lingua oficial.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pico Basilé . Antigo Pico de Santa Isabel , é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo de Guinea Ecuatorial, país do que forma parte, cunha altura de 3.011 m.s.n.m. O pico Biaó, situado na mesma illa, ten 1.912 m.s.n.m.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior río de Guinea Ecuatorial?

- Campo

- Ekuku

- Mbini

- Mandyani

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org   

0 comentarios