CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? VII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Dinastía Xia. A dinastía Xia (c. 2070-1600 a.C.) presenta un problema historiográfico fascinante: os textos chineses tradicionais descríbena detalladamente, pero a evidencia arqueolóxica é ambigua. Os rexistros históricos chineses narran que Yu o Grande fundou a Xia despois de controlar as inundacións catastróficas do río Amarelo. Yu estableceu o principio da sucesión hereditaria, transformando o liderado tribal en monarquía dinástica. A Xia supostamente gobernou durante dezasete xeracións antes de que o seu último rei, Jie, fose derrocado por Tang de Shang debido á súa tiranía. A esta dinastía seguironlle as dimastías antigas Shnag e Zhou, ata chegar ata a Qin, a primeira dinastía imperial.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Quen foi o primeiro home que pisou a Lúa?
- Buzz Aldrin
- John Glenn
- Neil Armstrong
- Yuri Gagarin
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: institutointernet.net e tec.com.pe
0 comentarios