BANDEIRAS DO MUNDO LXV
Esta é a bandeira de Baréin (Reino de Baréin/ مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), un país insular asiático situado na costa leste do golfo Pérsico. A súa poboación rolda 1,2 millóns de habitantes, sendo a súa capital Manama. O seu idioma oficial é o árabe.
A bandeira consiste nunha franxa branca á esquerda, separada dun campo de goles ou vermello á dereita por cinco triángulos que forman unha liña serrada. A cor vermella indica as crenzas kharidschitsche, a cor branca paz cos seus veciños e os cinco triángulos en última instancia, simbolizan os cinco alicerces do Islam.
FONTE:gal.wikipedia.org e ecured.cu
0 comentarios