OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE II
A contestación correcta á pregunta do día anterior, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre medio ambiente, é 5 de xuño. O Día Mundial do Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do "Programa das Nacións Unidas para o ambiente" (PNUMA).
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal destas palabras non pertence ás tres erres da sustentabilidade?
- Reciclar
- Respectar
- Reutilizar
- Reducir
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinterasnte.es
0 comentarios