Blogia
vgomez

O CUSTE DAS ESPECIES INVASORAS

O CUSTE DAS ESPECIES INVASORAS

Cangrexo americano (Procambarus clarkii) / Imaxe: elguadarramista.com

As especies invasoras son unha ameaza importante para a biodiversidade e os ecosistemas naturais, debido a que poden competir coas especies nativas e alterar os hábitats. O seu impacto non se reduce ao medio ambiente senón que tamén ten fortes repercusións sobre a economía, a sociedade e a saúde pública. Os exemplos que poden poñerse son moi diversos: o mosquito tigre (Aedes albopictus), orixinario do sueste asiático, pode picar de día e de noite, está a expandir enfermidades, como o dengue e a febre amarela, en áreas onde non son endémicas e pon en risco as actividades ao aire libre; o caracol mazá (Pomacea spp), de orixe suramericana, constitúe un problema serio para a produción dos arrozales do Ebro; o xacinto de auga (Eichhornia Crassipes) obstrúe canles e dificulta a navegación no río Guadiana; a cotorra arxentina (Myiopsitta monachus) molesta polo ruído que fai e compite con outros animais nativos; etc.

"É custoso tanto o dano que poidan ocasionar como o manexo que hai que facer", asegura Montserrat Vilà, profesora investigadora da Estación Biolóxica de Doñana (EBD-CSIC) en Sevilla. Esta experta en invasións biolóxicas ofrece algúns datos sobre canto supoñen: a retirada de máis de 200.000 toneladas de jacinto da auga ao longo de 75 quilómetros do Guadiana ascende a máis de 14 millóns de euros e os importes de reparación debidos á invasión do mexillón cebra e as medidas de control no Ebro a máis de cinco millóns. Estímase que en Europa supuxeron 12 billóns de euros nos últimos 20 anos. "Ademais hai moitos custos difíciles de valorar monetariamente, por exemplo o efecto na perda de biodiversidade", apunta a investigadora.

E non son as únicas cifras que poden obterse. En Estados Unidos estímase que as perdas directas ocasionadas por especies invasoras xunto aos custos do seu control alcanzan os 137 billóns de dólares anuais, segundo citaba un estudo publicado na revísta Ecosistemas pola propia Vilà xunto a Xara Andreu, investigadora da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Neste traballo, publicado en 2007, as científicas sinalaban que en España xestiónanse 109 especies vexetais exóticas en 14 comunidades autónomas, moitas delas en espazos protexidos, cun importe total de 50.487.637 euros, destinado na súa maioría á súa redución poboacional mediante métodos mecánicos.

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

0 comentarios