UN OVNI?

É un ovni? Non, é unha nube.
O ceo de Santa Cruz de Tenerife amenceu o pasado mércores cun fenómeno estraño que sorprendeu a moita xente. Esta "nube ovni" é unha rareza meteorolóxica totalmente coñecido polos expertos. Trátase dunha nube lenticular, un fenomeno relativamente frecuente, que nas Canarias pódese ver a miúdo na cima do Teide.
Fórmase cando coincide unha forte corrente de vento, unha montaña e unha masa de aire quente. A humidade, ao ascender a corrente de vento pola montaña, condénsase. Ao atoparse cunha masa de aire quente, a condensación interrómpese e a nube aplánase, formando esta peculiar forma. Ao soprar o vento, o "prato voador" abandoou as montañas e sobrevoou varias localidades.
Curioso!
FONTE: elperiodico.com
0 comentarios