HUMOR REAL: SATURACIÓN
Viñeta de Davila, no xornal Faro de Vigo do 26/09/2017
Lamentablemente é práctica común nos nosos fogares: hai que colocar ao rap@z como sexa, que non teña tempo perdido! E eu pregúntome, cando ten tempo para xogar? Si, xogar cos seus bonec@s, cos seus compañeiros, ir ao parque... Está moi ben que teña unha actividade que complemente a súa formación coma música ou calquera deporte, por exemplo, pero esto non pode condicionar todo o tempo que un rapaz ten.
O estudo é formación e calquera actividade complementaria axuda nesa formación persoal, pero nunca pode saturala, do contrario aparecera o aburrimento e a desidia. As cousas non se fan por que si, fanse por algún motivo que vai máis alá do simple "están ocupados e eu máis tranquilo". E cando estamos os pais con eles? Cando falamos ou facemos unha actividade con eles? Contestación: os fins de semana.
Temos que procurar compartir máis momentos con eles!
0 comentarios