VENEZUELA, QUEN TE VIU E QUEN TE VE!
Un quilo de carne vale 9.500.000 bolívares: ao cambio oficial 38 dólares, no paralelo 1,60 dólares / Imaxe: Carlos Garcia Rawlins/Reuters
Un rolo de papel hixiénico vale 2.600.000 bolívares: ao cambio oficial 10,46 dólares, ao paralelo 0,43 dólares / Imaxe: Carlos Garcia Rawlins/Reuters
A difícil situación económica que vive Venezuela non se sabe cara a onde vai. Ata onte baixo o arco monetario anterior por un dólar obtíñase 248.521 bolívares no cambio oficial, moi restrinxido, e 5.921.486 no mercado paralelo. Non é de estrañar a cantidade de billetes que tiñan que empregar para mercar as necesidades básicas, como vedes nas imaxes supeiores, a modo de exemplos.
Pero a partir de onte o país inaugura un novo arco de billetes, co que se quitarán cinco ceros aos valores e producirase unha forte desvalorización. A situación, en teoría, cambiaría e xa non se necesitarían fajos e fajos para comprar, o que sucedía ata agora, pero o problema para mercar segue presente.
Para que teñades unha idea, o salario medio ata estes momentos roldaba o dólar mensual ao cambio paralelo, segundo recoñeceu o presidente Nicolás Maduro ao anunciar un aumento do 3.400% do soldo mínimo. Con esa medida elevarase ata uns 45 dólares. O certo é que se tome o cambio que se tome, non chega para comprar grandes cantidades.
O problema non son os ceros!
FONTE: lavanguardia.com
0 comentarios