UN EXEMPLO DE RESILENCIA
“Temos que tratar de aceptarnos como somos e gozar da vida coma se fose o último día”. É o leitmotiv do investigador científico David Riaño, máis coñecido com Dabiz, quen escribe e vive a vida con b de “boa”. Unha VIDA con maiúsculas que merece ser compartida pola súa xenerosidade e determinación para seguir investigando acerca da esclerose lateral amiotrófica, unha enfermidade neurodexenerativa coa que convive desde hai 13 anos, integrándoa no seu día a día cun humor extraordinario, propio de quen eleva o propósito da súa vida ao ben común.
Confesa que o documental ‘7 lagos, 7 vidas’ deulle unha razón para seguir vivindo. Protagonista dun carrusel de emocións durante seis meses por Europa do Leste, dá voz a persoas con diversidade funcional, e explica a ELA de maneira tanxencial en universidades, institutos e colexios. Un retrato próximo, transparente e honesto do que supoñen as relacións humanas dirixido por Víctor Escribano, e producido por José Luis López Linares, cheo de baños e curas de natureza nos que atopar acubillo e liberdade para reflexionar sobre as prioridades da vida.
Risueño e imparable, David Riaño é doutor en Ciencias Ambientais pola Universidade de Alcalá, investigador emérito do CSIC e científico do Centro de Tecnoloxías Espaciais e Teledetección da Universidade de California en Davis. Tras unha brillante traxectoria, a ELA chegou á súa vida aos 34 anos, cando estaba inmerso dirixindo como investigador principal un proxecto financiado pola NASA. Actualmente, e grazas a iso, David continúa os seus labores de divulgación con máis forza que nunca empregando o poder da performance, a música e a cámara para visibilizar diversas realidades que nos leven cara a unha sociedade máis sostible, democratizando o concepto de inclusión.
El, a súa viaxe e as súas iniciativas son unha oportunidade para reescribir a relación entre a enfermidade, a aceptación e o verdadeiro sentido da vida: tomar conciencia de que as feridas son tan só o comezo por onde entra a luz.
0 comentarios