OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XIV
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
14. Coelophysis
Coelophysis foi nomeado en 1889 (polo famoso paleontólogo Edward Drinker Cope). Con todo, este dinosauro primitivo que viviu a finais do período Triásico e a principios do Xurásico, hai aproximadamente 203 a 196 millóns de anos, non causou sensación popular ata 1947, cando o paleontólogo estadounidense Edwin H. Colbert descubriu innumerables esqueletos de Coelophysis enredados no sitio fósil de Ghost Ranch en Novo México.
Iste descubrimento demostrou que polo menos algúns xéneros de pequenos terópodos viaxaban en vastas mandas, e que grandes poboacións de dinosauros, carnívoros e herbívoros afogábanse con frecuencia polas repentinas inundacións.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios