Blogia
vgomez

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen oseu encanto.

Se onte falamos da illa Ízaro, no mar Cantábrico, hoxe iremos as Illas Chafarinas.

2. Illas Chafarinas

As Illas Chafarinas  son un arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km. Está constituído por tres illas principais: illa do Congreso, Isabel II e illa do Rei. Están protexidas baixo a forma de Reserva Nacional de Caza. Só os militares destinados nelas teñen acceso ás illas, xunto con gardas e científicos da Estación Biolóxica.

Superficie terrestre: 52,5 ha

  • Illa do Congreso: 25,6 ha
  • Illa Isabel II: 15,3 ha
  • Illa do Rei: 11,6 ha

Superficie mariña protexida baixo a figura de Refuxio Nacional de Caza: 261,9 ha (máxima profundidade: 60 m)

Extensión: 0,747 km²

Altitude máxima: Cerro Niño das Aguias, na illa do Congreso, con 137 msnm.

FONTE: gl.wikipedia.org       Imaxes: gl.wikipedia.org e talleresmilan.es

Continuará...

0 comentarios