ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS
Todos oímos falar das fascinantes Illas Canarias ou dun dos destinos favoritos por excelencia, as Illas Baleares. Pero se che digo Illa de Ízaro, seguro que non che soa tanto ou nada
Nesta serie, que hoxe comezo, trataremos de coñecer esas illas españolas “menos coñecidas”, pero que tamén teñen o seu encanto.
Anímanste a coñecelas? Si?
Pois, comezamos!
1. Illa de Ízaro
Ízaro é unha illa do mar Cantábrico situada na costa de Biscaia, fronte ás localidades de Bermeo e Mundaka a unha distancia de 3 km da primeira e 2,2 km da segunda. A illa ocupa o centro da desembocadura da ría de Mundaca, e atópase flanqueada polos cabos de Ogoño e Matxitxako.
A illa é alargada, de forma triangular. Na súa parte máis ancha, mide uns 150 m, e a súa lonxitude é de 675 m, sendo a súa altura máxima de 44,5 m.
Na chaira superior erixiuse un convento franciscano que foi arrasado por Francis Drake no século XVI. Abandonado o convento, do que apenas quedan vestixios, a illa afacía recibir visitas de moz@s de acampada, ata que o padroado da Reserva da Biosferade Urdaibai, da que forma parte, prohibiu tal actividade.
Izaro é unha verdadeira colonia de aves mariñas, sendo a especie máis común a gaivota patiamarela, aínda que tamén aniñan o paíño, as garzotas e os corvos mariños. En épocas anteriores criábanse nela coellos (seguramente levados polos frades do convento), e sábese que no século XIX arrendábase a illa para que pastasen as ovellas.
As súas costas e arredores son zonas de mergullo e pesca véndose no verán gran cantidade de pequenas embarcacións de pesca deportiva con porto en Mundaca, Pedernales e Bermeo.
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: bizkeliza.org e Wikimedia/OpenStreetMap
Continuará...
0 comentarios