UNHA LECCIÓN DE DEPORTIVIDADE DUN ADESTRADOR DE FÚTBOL
Vicente del Bosque é o único exfutbolista, exentrenador e exseleccionador nacional que levou a España a gañar a Copa Mundial de Fútbol en 2010, seguida da Eurocopa en 2012. Como futbolista e adestrador estivo ligado ao Real Madrid Club de Fútbol desde a década dos 70, cunha traxectoria que destacou pola admiración dos seus xogadores e o respecto dos seus rivais.
Cando se retirou en 2016 converteuse no único adestrador campión do Mundial, Eurocopa, Mundial de Clubs e Champions, Balón de Ouro 2012 e nomeado Mellor Adestrador do Mundo en catro ocasiones pola Federación Internacional de Historia e Estatística, e Mellor Adestrador de Europa en 2000 e do Ano 2002 pola UEFA.
O seu liderado foi considerado "amable" porque destacou o aspecto humano, o esforzo e a humildade dos seus equipos por encima de premios, derrotas, títulos e categorías. Ao mesmo tempo, Del Bosque criticou as condutas antideportivas, os erros no campo e fóra del, e sinalou a responsabilidade social dos deportistas como referentes dos máis novos. Unha filosofía que recolle nas súas memorias ’Gañar e perder’, como lección de deporte e de vida que levou ao vestiario, ao terreo de xogo e ao día a día.
"Gañamos, pero tamén perdemos e das derrotas apréndese. Creo que o máis importante no deporte é trasladar as mellores condutas, valores intemporais, de toda a vida, de respecto, educación, bo comportamento, de ser xenerosos e cumprir con ese mínimo compromiso social. O fútbol ten un poder educativo tremendo", conclúe Del Bosque.
0 comentarios