ANIMAIS EXTINTOS XXI
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos da vaca mariña de Steller, hoxe tócalle o turno á...
21. Guacamaio cubano
O guacamaio cubano (Ara tricolor) parente dos papagaios, habitaba as illas de Cuba e da Mocidade. Esta especie medía entre 45 e 50 centímetros e presentaba a fronte de cor avermellada e laranxa e a caluga de cor amarela. Durante o voo, no que abría a súa cola, víase magnífico, maxestoso grazas ao seu coloración rechamante e ao seu considerable tamaño. Este guacamaio foi a última especie de guacamaio do Caribe que se extinguiu antes de 1900. A responsable? O deforestación e a caza masiva.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios