O SANTO GRAAL DOS DINOSAUROS
Falamos de Spinosaurus. Spinosaurus aegyptiacus, a única especie coñecida do xénero extinto Spinosaurus, viviu hai aproximadamente 94 millóns de anos, a mediados do Cretácico, no que actualmente é África.
Por que é Spinosaurus o santo Graal dos dinosauros? Aos científicos sempre lles resultou unha criatura desconcertante. Os primeiros fósiles de Spinosaurus aegyptiacus foron descubertos hai máis dun século no Sahara exipcio. Foi en 1912, cando Freiherr Ernst Stromer, paleontólogo bávaro, fixo o descubrimento da súa vida.
Entre os restos descubertos atopábase unha enorme mandíbula que se asemellaba á dun crocodilo e espiñas de máis de 1,5 metros de altura que suxerían unha vela ou unha chepa. Desafortunadamente, moi rechamante é o detalle de que estes primeiros fósiles coñecidos de Spinosaurus foron destruídos polos bombardeos, nun ataque aéreo aliado sobre Múnic, durante a Segunda Guerra Mundial, en 1944. Isto, unido ás súas características biolóxicas nada usuais, fixeron de Spinosaurus unha criatura máis enigmática aínda.
Spinosaurus foi un dos dinosauros carnívoros máis grandes que existiron, probablemente alcanzando máis de 15 ou 16 metros de lonxitude, unha altura de 5,4 metros e ata 20 toneladas de peso. O seu corpo, estaba cuberto con espiñas neurais que formaban unha forma de vela nas súas costas.
Pouco a pouco, co transcurso de novos achados e investigacións, tentamos desentrañar a bioloxía desta criatura: o dinosauro depredador máis longo que se coñece. Por exemplo, contrariamente ás suxerencias anteriores, un estudo de 2022 e publicado na revista Nature, concluíu que este animal non era un ave zancuda parecida a unha garza: era un "monstro de río" que perseguía activamente ás súas presas e que pasaba unha cantidade considerable de tempo mergullado na auga.
É difícil adiviñar o comportamento dun animal que só coñecemos polo fósiles pero, tras analizar a densidade dos ósos de espinosáuridos (a densidade ósea é un bo indicador de se o animal pode afundirse baixa a auga e nadar) e comparalos con outros animais como pingüíns, hipopótamos e caimáns, os investigadores descubriron que Spinosaurus e o seu parente próximo Baryonyx tiñan ósos bastante densos que probablemente lles permitiron mergullarse baixa a auga para poder cazar ás súas presas.
Spinosaurus posuía un conxunto de adaptacións previamente descoñecidas que poden permitirlle vivir gran parte da súa vida na auga, como dentes cónicos ideais para atrapar peixes, pés en forma de remo, unha cola en forma de aleta e pequenas fosas nasais no medio do seu fuciño para axudarlle a respirar mesmo baixa a auga.
A maioría dos dinosauros carnívoros posuía dentes afiados e curvos, pero Spinosaurus tiña poderosas mandíbulas que contiñan dentes rectos en forma de coitelo, que eran perfectos para atravesar ás súas presas. A súa boca, era en realidade moi similar á boca dun crocodilo.
Como era máis grande aínda que Tyrannosaurus rex, este dinosauro non tiña moitos depredadores, pero é probable que a súa rechamante vela puidese ser utilizada para protexerse dos inimigos.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe:
0 comentarios