Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CCV

VERTICAIS: 1. Elemento químico metálico de transición, de cor branca prateada, dúctil, maleable e resistente á corrosión, e de símbolo Pd 2. Peixe da familia dos murénidos de corpo alongado, boca e dentes grandes, de cor castaña con manchas, que vive nos fondos rochosos e de nome científico Muraena helena 3. Variedade de ameixa moi doce, de forma redonda, pel de cor verde e polpa amarelada 5. Santuário católico situado na freguesia de Gavieira, município de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo 9. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade, e de nome científico Nerium oleander.

HORIZONTAIS: 3. Río aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma, afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro 6. Terra areosa que se forma pola descomposición do granito e que é moi empregada na construción 7. Paxaro da familia dos hirundínidos, coas partes superiores de cor negra azulada, rabadilla e partes inferiores brancas e o rabo máis curto ca o da anduriña común e de nome científico Delichon urbica 8. Capital das Illas Salomón 10. Facer máis agudo a punta ou o gume dunha arma, un instrumento de corte ou outro obxecto.

0 comentarios