Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tratado de UtrechtAsinado o 13 de xullo de 1713, no seu artigo X cede á Coroa Británica “a plena e enteira propiedade da cidade e o castelo de Xibraltar, conxuntamente co seu porto, defensas e fortalezas que lle pertencen". O istmo, do mesmo xeito que as augas adxacentes ou o espazo aéreo supraxacente, non foi cedido por España e permaneceu sempre baixo soberanía española. A ocupación de facto continuada polos británicos non cumpre os requisitos do Dereito Internacional para a adquisición de soberanía. Esa é a razón pola que España sempre subliñou que a ocupación do istmo é ilegal e contraria ao dereito Internacional e, por tanto, reclamou sempre a súa devolución sen condicións. España non recoñece a ocupación do istmo nin o enreixado como fronteira, que por certo, esta última caeu o pasado15 de xullo ao pasar a formar parte do espazo Schengen

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Quen pintou a "Mona Lisa" e a "Última cea"?

- Miguel Anxo

- Pablo Picasso

- Rembrandt

- Leonardo da Vinci

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org 

0 comentarios