Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXVI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Primeira Guerra Mundial. A Revolución rusa consistiu no derrocamento do réxime monárquico zarista e a construción dun Estado de tipo socialista, e o seu inicio tivo lugar en Rusia en 1917. Tivo dous momentos: Revolución de Febreiro: Produciuse en marzo de 1917 (febreiro segundo o calendario xuliano que se usaba en Rusia nesa época). Puxo fin ao reinado do tsar Nicolás II e levou á conformación dun goberno provisional integrado por liberais, socialistas e outros sectores políticos. Revolución de Outubro: Ocorreu en novembro de 1917 (outubro segundo o calendario xuliano). Foi un golpe de estado co que os bolxeviques, liderados por Vladimir Lenin, derrocaron ao goberno provisional e instauraron un goberno socialista de tipo soviético, cuxa principal institución foi o Sovnarkom ou Consello de Comisarios do Pobo. Rusia entrou na Primeira Guerra Mundial en agosto de 1914 e formou parte dos Aliados (o Entente), xunto con Francia e Reino Unido. Sufriu desastrosas derrotas como Tannenberg e sufriu máis dun millón de baixas. O colapso económico e militar provocou, entre outras cousas, a Revolución de 1917, tras a cal o novo goberno bolxevique asinou o Tratado de Brest-Litovsk en marzo de 1918, retirándose do conflito.

E imos coa pregunta de hoxe!

26. Na batella de Lepanto, quen reinaba en España?

- Felipe I

- Felipe II

- Carlos I

- Felipe III

- Felipe IV

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: reasilvia.com e historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios