Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXVIII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é IncaA civilización inca, tamén chamada civilización incaica ou civilización quechua, foi a derradeira das grandes civilizacións precolombianas que conservou o seu Estado independente durante a conquista de América. Coa extensión do imperio, esta foi absorbendo novas expresións culturais dos pobos incorporados, e situouse nos actuais territorios do Perú, Bolivia, Ecuador, a Arxentina e Colombia. Machu Picchu ("montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal.

E imos coa pregunta de hoxe!

28. Localiza o cientifico con esta pista: o seu descubrimento é un dos que máis vidas salvou na historia da humanidade.

- Robert Koch

- Alexander Fleming

- Carlos Juan Finlay

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: okdiario.com e es.wikipedia.org

0 comentarios