Blogia
vgomez

POR QUE TREME TANTO GRANADA?

Nos últimos días, a provincia de Granada rexistrou moitos terremotos, algúns deles superando a magnitude 5. Pero cal é a causa?

Os sismólogos lembran que a conca de Granada é unha das rexións máis temblorosas de toda a península ibérica e é tamén na que ocorreron os terremotos máis fortes ao longo da historia. Desde a Rede Sísmica Nacional definen a zona como con moito perigo porque ten "moitas fallas capaces de xerar terremoto". A explicación detrás do fenómeno estaría na súa localización na cordilleira Bética (o sistema montañoso máis novo do país) e a converxencia entre a placa africana e a euroasiática.

Pero non para aí; Granada atópase no ascenso á Sierra Nevada, a montaña máis alta da Península Ibérica (lembremos Mulhacén, que mide 3.842 metros). Os científicos atoparon en Sierra Nevada restos de sedimentos mariños que se depositaron alí hai uns 8 millóns de anos, cando esa zona estaba moito máis preto do nivel do mar. Algúns deses restos están hoxe a uns 1.830-1.980 metros de altura.

Isto significa que Sierra Nevada foi elevándose aos poucos durante millóns de anos. Nos últimos 8 millóns de anos, algunhas zonas do macizo subiron polo menos 2.000 metros. E ese proceso aínda continúa, a unha velocidade que pode chegar a 1 milímetro ao ano. Pero hai algo importante: as montañas non medran de xeito continuo; o terreo acumula tensión durante moito tempo e, de súpeto, libérase mediante sismos ou terremotos.

Seguro que non serán, desgraciadamente, os últimos. Lembremos na historia cales foron máis significativos: 1431 en Granada, 1531 en Baza, 1884 en Arenas del Rey (o máis fatídico polo número de mortos), 1956 en Albolote, 1979 en Granada, 2021 en Granada e 2026 en Alhendín.

FONTE: 20minutos.es e rtve.es      Imaxes: 20minutos.es e IGN

0 comentarios