Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXX

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 116. A guerra dos Cen Anos foi un conflito armado que durou 116 anos, do 24 de maio de 1337 ao 19 de outubro de 1453, aínda que de forma intermitente, e tivo aos reinos de Francia e Inglaterra como principais contendentes aínda que nalgunhas etapas tamén se viron involucrados outros territorios como o Reino de Navarra ou o Ducado de Borgoña. Outros reinos e señoríos europeos tamén se viron afectados aínda que en menor medida e por menor tempo. Para algúns historiadores sería a primeira gran guerra internacional europea. Posiblemente sexa o conflito europeo de maior duración. O conflito foi de natureza esencialmente feudal, pois o seu propósito era resolver quen controlaría as terras adicionais que os monarcas ingleses acumularan desde 1154 en territorios franceses, tras o ascenso ao trono de Inglaterra de Enrique II Plantagenet, conde de Anjou. A guerra saldouse finalmente coa derrota de Inglaterra e a consecuente retirada das tropas inglesas de terras francesas (salvo da cidade de Calais).

E imos coa pregunta de hoxe!

30. En que ano se produciu a caída do Muro de Berlín?

- 1980

- 1989

- 1992

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: wikimwdia commons e es.wikipedia.org

0 comentarios