Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CIENCIAS DA NATUREZA XIV

Cromosomas en biologia

Cromosoma / Imaxe: infobiologia.net

A resposta á pregunta do día anterior é CFC. Os CFC ou clorofluorocarbonos son derivados dos hidrocarburos saturados obtidos mediante a substitución de átomos de hidróxeno por átomos de flúor e/ou cloro principalmente. Os CFC son unha familia de gases que se empregan en diversas aplicacións, principalmente na industria da refrixeración e de propelentes de aerosois. Están tamén presentes en illantes térmicos. Os CFC teñen unha gran persistencia na atmosfera, de 50 a mais ou menos 200 anos. Co paso do tempo alcanzan a estratosfera, onde se disocian por acción da radiación ultravioleta, liberando o cloro e dando comezo ao proceso de destrución da capa ozono. O protocolo de Montreal​ é un protocolo do Convenio de Viena para a protección da capa de ozono, deseñado para protexer a capa de ozono reducindo a produción e o consumo de numerosas substancias que se estudou que reaccionan con ela e crese que son responsables do esgotamento da mesma. O acordo foi negociado en 1987 e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1989.

E imos coa pregunta de hoxe...

14. O número de cromosomas dunha célula humana(agas as sexuais) é de 23 pares = 46 cromosomas. Cantos terá unha ovella?

-  56

Tristan Tzara Alfred Jarry James Watson y Francis Crick Friedrich Miescher

Ver más en: https://www.20minutos.es/trivial/48/cuanto-sabes-de-ciencia/#xtor=AD-15&xts=467263

64

74

Tristan Tzara Alfred Jarry James Watson y Francis Crick Friedrich Miescher

Ver más en: https://www.20minutos.es/trivial/48/cuanto-sabes-de-ciencia/#xtor=AD-15&xts=467263

54

Maná a solución e unha nova proposta.


0 comentarios