Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é AristarcoAristarco de Samos (c. 310 a. C.-c. 230 a. C.) foi un astrónomo e matemático grego, nacido en Samos, Grecia. Foi a primeira persoa coñecida que propuxo o modelo heliocéntrico do sistema solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do universo coñecido. Esta proposta fíxoa despois de estudar a distancia e o tamaño do Sol (determinou que o Sol era moito máis grande que a Terra). Aristarco foi un dos moitos sabios que fixo uso da emblemática Biblioteca de Alexandría, na que se reunían as mentes máis privilexiadas do mundo clásico. Os seus traballos orixinais perdéronse probablemente nun dos varios incendios que padeceu a Biblioteca. Do modelo heliocéntrico de Aristarco só nos quedan as citas de Plutarco e Arquímedes. Non foi ata os traballos de Copérnico, uns mil setecentos anos máis tarde, que empezou a exporse o modelo heliocéntrico como unha alternativa consistente.

E imos coa pregunta de hoxe!

32. En que ano sucedeu a chamada Gran Depresión?

- 1900

- 1914

- 1929

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: filosofia.laguia200.com e es.wikipedia.org

0 comentarios