CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXIV
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1963. O discurso "I Have a Dream" (Eu teño un soño) foi pronunciado por Martin Luther King Jr. o 28 de agosto de 1963 fronte ao Monumento a Lincoln en Washington, D.C.. É un piar do movemento polos dereitos civís en EEUU, onde esixiu o fin do racismo e a igualdade de dereitos para todos. O discurso tivo lugar durante a "Marcha en Washington polo traballo e a liberdade". Ante unha multitude de máis de 250.000 persoas, King utilizou o simbolismo da Declaración de Independencia e a Proclamación de Emancipación para denunciar que a promesa de igualdade aínda non se cumprira para os afroestadounidenses.
E imos coa pregunta de hoxe!
34. Os atentados terroristas deo 11 de setembro nos Estados Unidos, pero de que ano?
- 2000
- 2001
- 2002
- 2003
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios