CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXV
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 2001. Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia. Un cuarto avión caeu nunha zona rural, preto de Shanksville, Pensilvania, presumiblemente despois de enfrontárense os pasaxeiros aos terroristas. Os ataques foron os atentados terroristas máis mortíferos efectuados nos Estados Unidos, morreron 2.986 persoas, e afectou económica, social, cultural e militarmente aos Estados Unidos e o resto do mundo. Tras estes atentados os Estados Unidos comezaron a guerra contra o terrorismo, que supuxo a fin do goberno talibán de Afganistán.
E imos coa pregunta de hoxe!
35. Relaciona o músico co estilo musical correspondente...
1-Johann Sebastian Bach
2-Georg Friedrich Händel
3-Wolfgang Amadeus Mozart Romanticismo
4-Ludwig van Beethoven Clasicismo
5-Frédéric François Chopin Barroco
6-Franz Peter Schubert
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: lavozdegalicia.es e es.wikipedia.org
0 comentarios