Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXXVII

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1955-1975A Guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre o 1 de novembro de 1955 e o 30 de abril de 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada o 29 de marzo de 1973, no contexto xeral da guerra fría. As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia e Tailandia, mentres que Alemaña, Irán, Marrocos, o Reino Unido e Suíza contribuíron con subministracións materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos Estados Unidos foron enviados por Taiwán e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitaria.

E imos coa pregunta de hoxe!

37. Onde comezou a presenza romana na Península Ibérica?

- Cartago, na actual Cartaxena

 - Ampurias, na actual Xirona

- Valentia, na actual Valencia

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: rtve.es e sagavinaestartit.com

0 comentarios