DÍA D: 9 DE SETEMBRO
Ese día D, 9 de setembro, mercores, marca a saída do novo curso escolar 2026/2027.
Tal como di o DOG, as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior da formación profesional, nos cursos de especialización e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde este día: 9 de setembro de 2026.
Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse, tamén, desde o día 9 de setembro de 2026.
No caso das ensinanzas de réxime especial, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas tendo en conta as características e particularidades deste tipo de ensinanzas. En calquera caso, as actividades lectivas deberán ter comezado o día 16 de setembro de 2026.
No referente as Universidades, estas comezaran uns días antes o 7 de setembro de 2027.
No caso de A Guarda, o primeiro día de descanso será o 23 desetembro, festa local de Santa Trega.
O resto de vacacións serán:
– Desde o día 22 de decembro de 2026 ata o día 7 de xaneiro de 2027, ambos incluídos.
– Os días 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.
– Do día 22 ao 29 de marzo de 2027, ambos incluídos.
- Día do Ensino, 7 de decembro de 2026.
- Un segundo día non lectivo, festa local, a determinar polo Concello. Se esta non coincide con día lectivo, os consellos escolares solicitarán ese segundo día non lectivo, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.
Bo curso a todos@todas!
0 comentarios