Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLI

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Margaret Hilda Thatcher. (Grantham, Inglaterra, 13 de outubro de 1925-Londres, 8 de abril de 2013), baroa Thatcher, foi unha política e estadista británica que exerceu como primeira ministra do Reino Unido desde 1979 a 1990, sendo a persoa nese cargo por maior tempo durante o século XX e a primeira muller que ocupou este posto no seu país. A súa firmeza para dirixir os asuntos de Estado, o seu estrito dominio sobre os ministros do seu gabinete e o seu forte política monetarista valéronlle o sobrenome de "a Dama de Ferro". 

E imos coa pregunta de hoxe!

41. Relaciona cada navegante ou explorador co continente no que actou...

- Roal Amundsen

- Álvaro de Amendaña

- Cristobal Colón

- Vasco de Gama

- David Livingstone

- Marco Polo

- Alonso de Ojeda

- James Cook

-  Diogo Cão

- Robert Peary

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios