ENCRUCILLADO CCVII
VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña, que parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires e que é atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre 2. Castaña asada e xeralmente sen casca 4. Elemento metálico de transición, de cor branca, dificilmente fusible e resistente aos ácidos, símbolo Rh 5. Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de ata noventa centímetros de lonxitude, corpo alongado e algo comprimido, mandíbulas afiadas e provistas de dentes aguzados, cor azul verdosa no lombo e prateada no ventre e espiñas e escamas verdes, e de nome científico Belone belone 6. Facer, unha enfermidade, unha molestia, un suceso desgraciado etc., que alguén se sinta sen enerxías ou sen ánimo e adquira un aspecto triste e apagado.
HORIZONTAIS: 3. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello, e de nome científico Digitalis purpurea 7. Punto da superficie terrestre que está situado en vertical ao hipocentro dun terremoto e onde se senten con maior intensidade os efectos deste 8. Capital da República da Unión de Myanmar, antiga Birmania 9. Taberna ou tenda pequena 10. Un dos maiores referentes europeos dos deportes de acción e a cultura urbana que se celebra en Vigo a principios de agosto.
0 comentarios