INFORME PISA 2025
España cae ata os peores resultados da súa historia no informe PISA 2025, que avalía a estudantes de 15 e 16 anos ao termo da educación obrigatoria, e non só non é capaz de darlle a volta á súa tendencia á baixa nesta análise mundial, senón que empeora nas tres áreas de competencia que se analizan: matemáticas, lectura e ciencias.
A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) deu a coñecer este martes o informe PISA que ten como principal obxectivo ofrecer unha fotografía comparativa das competencias que o alumnado adquiriu e de como estas poden utilizarse en situacións relevantes da vida cotiá. A proba valora así ata que punto os estudantes son capaces de resolver problemas complexos, pensar de forma crítica e comunicarse de xeito efectivo.
O 68% dos estudantes de España son capaces de identificar a idea principal dun texto de extensión moderada, localizar información a partir de criterios explícitos e reflexionar. Pero só o 2% de estudantes alcanzou o nivel superior de lectura (a media é do 6% na OCDE), isto é, son capaces de comprender textos extensos, longos e complexos.
O rendemento de España na materia de matemáticas queda significativamente por baixo das medias da OCDE e a Unión Europea cunha evolución dispar: España rexistra un descenso continuado, máis intenso no último período, mentres que o media OCDE-35 presenta unha traxectoria máis irregular e modera a súa caída no período máis recente.
En canto ao rendemento medio de España na competencia científica, o informe PISA 2025 pon de manifesto que é inferior á media da OCDE, pero non presenta diferenzas significativas co total da UE.
En resumo, moito que mellorar!
FONTE: rtve.es
0 comentarios