CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XLIX
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos,sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1898. España perdeu o dominio sobre as Filipinas en 1898 despois de ser derrotada na guerra hispano-estadounidense. O conflito militar culminou coa destrución da flota española na batalla de Cavite e a firma do Tratado de París o 10 de decembro de 1898, mediante o cal o arquipélago pasou a mans dos Estados Unidos a cambio de 20 millóns de dólares. Como curiosidade, "Os últimos de Filipinas" fai referencia ao Sitio de Baler, un asedio onde un destacamento duns 50 soldados españois resistiu 337 días (desde o 30 de xuño de 1898 ata o 2 de xuño de 1899) atrincheirado na igrexa do pobo filipino de Baler, sen crer que a guerra terminara.
E imos coa pregunta de hoxe, e última da serie!
49. Cando foi fundada a ONU?
- 24 de outubro de 1942
- 24 de outubro de 1945
- 24 de outubro de 1947
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: lavanguardia.com e es.wikipedia.org
0 comentarios