ENCRUCILLADO CCVIII
VERTICAIS: 1. Cetáceo da familia dos delfínidos, de ata dez metros no caso dos machos, bico arredondado, aleta dorsal triangular e cor negra no dorso e branca no ventre con manchas tamén brancas na cara e nos costados e de nome científico Orcinus orca 3. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 5. Cantidade pequena dun líquido ou bebida que se bebe dunha vez 7. Xogo que consiste en dar cun pau noutro máis pequeno e rematado en punta nos extremos, que está colocado no chan, de xeito que se fai saltar e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que o despide a maior distancia.
HORIZINTAIS: 2. Rúa ou camiño moi estreito 4. Capital e cidade máis poboada de Mauritania 5. Bordo máis afiado dun instrumento cortante 8. Conduto, xeralmente subterráneo, polo que se evacúan as augas da chuvia e as procedentes de residuos das vivendas, da industria etc. 9. Concello da provincia de Ourensem pertencente á comarca da Terra de Celanova, onde se celebra a festa das Marabillas, un dos principais actos marianos da provincia 10. Árbore da familia das euforbiáceas que alcanza os 20 ou 30 metros de altura, coas follas grandes trifoliadas e caducas, flores pequenas e froitos explosivos que lanzan a semente a distancia, que segrega unha substancia coa que se fabrica o caucho e de nome científico Hevea brasiliensis.
0 comentarios