Blogia
vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 29 DE SETEMBRO...

1864 España e Portugal asinan o Tratado de Lisboa polo que se establecen os actuais lindes entre España e Portugal.

1924 O astrónomo Karl Wilhelm Reinmuth descobre o asteroide Amata (1035).

1954 En Suíza, doce países europeos fundan o CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear).

1957 Na planta nuclear de Mayak, a 150 km ao noroeste da cidade de Cheliábinsk (Rusia) sucede unha explosión que deixará un saldo de 470.000 persoas expostas á radiación e 200 civís mortos por cancro. É o terceiro accidente nuclear máis grave da Historia, despois de Chernóbil (1986) e Fukushima (2011).

1964 En Arxentina, a revista Primeira Plana comeza a publicar unha nova tira cómica do humorista e debuxante Quino: Mafalda.

1995 Sony lanza a PlayStation en Europa.

2003 David Hempleman-Adams convértese na primeira persoa que cruza o océano Atlántico en globo.

FONTE: hoyenlahistoria.com         Imaxes: sonbuenasnoticias.com, abc.es, argentina.gob.ar e 1.wdr.de

0 comentarios