Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XVIII)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos dos Bufóns de Pría, hoxe tócalle o turno a...

18. Táboas de Daimiel (Cidade Real)

Aínda que se trata do máis pequeno dos 16 Parques Nacionais de España, ten algo que o fai especial. O feito de que estea nunha zona da Mancha que é semiárida convérteo nunha especie de oasis para animais e plantas e nun lugar perfecto para avistar os seus máis de 200 especies de aves.

Atópase situado nos termos de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Cidade Real. É ademais zona de especial protección para as aves (ZEPA) e parte da Reserva da Biosfera A Mancha Húmida.

Ao ser como un labirinto de illas unidas por pasarelas de madeira, tamén atoparás plantas acuáticas e tamargueiras, as únicas árbores do Parque. Percórrese camiñando por pasarelas de madeira adaptadas a este humidal único en Europa.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios