Blogia
vgomez

PARA QUE SERVEN OS DOUS BURACOS QUE TEÑEN AS PINZAS?

As pinzas da roupa son un deses obxectos que utilizamos case sen pensar. Están en todas as casas e só nos fixamos nelas cando tras facer a coada, queremos colgar unha peza sobre o tendedero, abrímola e atrapamos a tea e a corda ao mesmo tempo. É un xesto tan cotián que resulta difícil imaxinar que poida existir outro xeito de facelo. 

Pero fixáchete ben nunha pinza? Ten dous buracos! E que pintan na pinza?

Trátase dos dous ocos que presentan na zona destinada a suxeitar as pezas. A explicación da presenza destes buracos está clara: o buraco máis pequeno e próximo ao mecanismo central serviría para encaixar a corda ou o arame do tendedero, mentres que o oco exterior, algo maior, quedaría reservado para a tea. Desta forma, corda e roupa non compartirían o mesmo punto de presión.

O método promete reducir un dos problemas habituais ao tender, as marcas que deixan as pinzas sobre determinadas pezas. Ademais, ao separar lixeiramente a tea da corda podería facilitar a circulación do aire durante o secado. Hai, con todo, un matiz importante: non existen probas históricas concluíntes de que ambos os buracos fosen deseñados orixinalmente con estas funcións. Trátase, por tanto, dun uso alternativo que pode resultar práctico, non dunha regra descoñecida que incumprísemos durante toda a vida.

FONTE: Blanca Espada/okdiario.com

0 comentarios