OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO IX
A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.
Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.
Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...
9. Hadrosaurus
O Hadrosaurus é moi importante, máis por razóns históricas que paleontolóxicas: foi o primeiro fósil de dinosauro case completo escavado nos Estados Unidos, e un dos poucos que se descubriu na costa leste (achado na Formación Woodbury de Nova Jersey) no canto da oeste. Nomeado polo paleontólogo estadounidense Joseph Leidy en 1858, o Hadrosaurus prestou o seu alcume a unha gran familia de dinosauros con pico de pato, os hadrosaurios, unha especie que viviu hai aproximadamente 80 millóns de anos, no Campaniense, no que hoxe é América do Norte.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: es.m.wikipedia.org
0 comentarios