COMO GALEGUIZAR O TEU NOME E APELIDOS
Pasos a seguir:
1. Na partida de nacemento
Cómpre ir persoalmente ao Rexistro Civil onde estea rexistrado o seu nacemento. Alí ten que solicitar, en primeiro lugar, unha fe de vida. Unha vez que a teña, debe presentar no Rexistro unha instancia solicitando que se proceda á galeguización do nome ou dos apelidos, ao abeiro da Lei 40/1999. A esta instancia debe acompañala unha fotocopia do DNI e un certificado de nacemento. Por último, debe solicitar unha certificación deste cambio no Rexistro.
2. No carné de identidade
Dirixa unha instancia á comisaría que lle expediu o carné de identidade, solicitándolle que, ao abeiro da Lei 40/1999, se proceda á corrección do nome e/ou dos apelidos, rexistrándoos na súa forma actual. Debe achegarlle conxuntamente a certificación do Rexistro Civil.
3. Na restante documentación de uso persoal
Progresivamente, proceda á galeguización do nome e/ou dos apelidos na restante documentación: carné de conducir, tarxeta do SERGAS, recibos da auga, luz, gas, teléfono, contas bancarias... A tramitación, na maioría dos casos, consiste simplemente en presentar o DNI en que xa figure o nome e apelidos na súa forma galeguizada.
Outra información de interese
- Toda a tramitación é de balde.
- A Real Academia Galega establece as formas estándares de nomes e apelidos, a través do Dicionario dos nomes galegos (Ir Indo,1992) e d’Os apelidos en galego, coas cales xa non son necesarios informes filolóxicos para os rexistros civís. En ambos os recursos inclúese unha equivalencia das formas castelanizadas coas súas galegas correspondentes.
- Nos casos en que se denegue a galeguización, pódese interpoñer os correspondentes recursos previstos na Lei do rexistro civil e no seu Regulamento5.
FONTE: usc.es/gl
0 comentarios