YUKON STRIKER. UNHA MONTAÑA RUSA ALUCINANTE
O pasado mes de abril no parque de atracciós canadense de Toronto «Wonderland» inagurouse o "Yukon Striker", a que posiblemente será a montaña rusa máis longa, rápida e alta do mundo, sendo a montaña rusa número 17 deste parque.
A diferenza doutras, nesta os seus trens non teñen chan, polo que as pernas quedan colgando. Temén teñen estrutura estilo de bancada de estadio que fai que cada fila sexa un pouco máis elevada que a anterior.
Esta montaña rusa, de máis dun quilómetro, víaxase a unha velocidade de 130 km/h, tardando no seu percorrido 3 minutos e 25 segundos. Ten un túnel subacuático e o único xiro de 360 graos.
«Wonderland», tamén o parque de atraccións de tempada máis visitado de Norte América por varios anos consecutivos e conta con outras atraccións de interese: o parque acuático Splash Works, espectáculos en vivo diarios e grandes eventos ao longo da tempada como o Cirque Canadien.
Unha pena que se atope tan lonxe!
0 comentarios