ENCRUCILLADO CCIX
VERTICAIS: 1. Emitir un son agudo facendo pasar o aire entre os labios case pechados ou por un instrumento cunha abertura estreita 2. Correa, xeralmente de coiro, que se suxeita nos extremos das cangallas e pasa por debaixo do pescozo do animal ao xunguilo 3. Conxunto de uvas presas a un mesmo pé saído das ramificacións do talo 4. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e de símbolo Cs 7. Talo de certas plantas coma a col, a pataca ou o millo 8. Planta ventureira da familia das malváceas, da que existen diversas especies, que pode alcanzar unha altura considerable, con flores, polo xeral, de cor violeta clara, rosa ou branca.
HORIZONTAIS: 5. Nome, proposto por Donald Trump, para substituír o actual nome do Lago Ontario 6. Peixe da familia dos blénidos, de tamaño pequeno, corpo cilíndrico ou lixeiramente comprimido, cabeza e ollos grandes e dúas aletas dorsais, do que existen varias especies 9. Capital do estado federal africano de Nixeria, que substituíu a antiga capital, Lagos, oficialmente desde 1992 10. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal, situado na punta dos Aguillóns (Cabo Ortegal).
0 comentarios