PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2026
A Real Academia das Ciencias de Suecia decidiu conceder o Premio Nobel de Química ao francés Henri Kagan e ao xaponés Kenso Soai por guindar luz no misterio das asimetrías da natureza, o descubrimento de “efectos non lineais e a autocatálisis na síntese orgánica asimétrica”. “Algunhas moléculas, como os aminoácidos, existen en dúas variantes que son imaxes especulares a unha da outra. Con todo, os organismos vivos só conteñen unha destas imaxes especulares”, explica nunha nota o comité do Nobel. “O modo en que puido xurdir tal asimetría química foi durante moito tempo un misterio para os químicos”, e concédese o Nobel a Henri Kagan e Kenso Soai “por descubrir unha solución a este enigma”.
Henri Boris Kagan (Boulogne-Billancourt-Francia, 1930) é profesor emérito de Química na Universidade Paris-Saclay (París, Francia).
Kensō Soai (Fuchū-Hiroshima-Xapón, 1950)[1] é profesor de Química no departamento de Química Aplicada da Universidade de Ciencias de Tokio (Tokio, Xapón).
Parabéns!
FONTE: elpais.com/ciencia
0 comentarios