Blogia
vgomez

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Onte, 11 de febreiro, celebrouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e unha das principais reclamacións é unha maior presenza feminina nos estudos STEM. Pese aos avances logrados nas últimas décadas, as taxas de matriculación en determinadas carreiras técnicas non igualan ás dos homes, por non falar da fenda salarial e do teito de cristal. Non obstante, en días coma hoxe é preciso traer á memoria ás mulleres que nos abriron camiño; ás mulleres que foron pioneiras nos seus eidos de estudo e que puxeron, probablemente sen ser conscientes, o seu gran de area para estar máis preto da igualdade.

Co gallo desta celebración, GCiencia selecciona o perfil de 10 científicas galegas que foron innovadoras e pioneiras


Manuela Barreiro Pico

Manuela Barreiro Pico (Viveiro, 1877—Madrid, 1953) foi a primeira licenciada da Universidade de Santiago tras estudar Farmacia. Logrou o título no ano 1900. Non obstante, para poder cursar estudos universitarios tivo que pedir un permiso especial, dado que aínda non estaba aprobado legalmente que as mulleres se matricularan libremente neste tipo de institucións académicas. Tras acabar os seus estudos tivo que volver a solicitar unha licenza para exercer como farmacéutica. Abriu a súa primeira botica, chamada Farmacia Moderna, en Ribadeo, onde desenvolveu preparacións orixinais. Non obstante, o seu legado documental e fotográfico perdeuse tras a súa mudanza a Madrid, onde faleceu.

Aurora Sampedro Piñeiro

Aurora Sampedro Piñeiro (Barreiros, 1913—Barreiros, 1996) foi unha muller adiantada ao seu tempo. A súa profesora Juanita foi quen descubriu o seu talento cando só contaba con 10 anos e animouna a continuar os estudos. Trasladouse a Madrid, e viviu na coñecida Residencia de Señoritas, mais o estalido da Guerra Civil interrompeu a súa carreira académica. Finalmente licenciouse en 1941 en Ciencias Químicas. Realizou o seu doutoramento no CSIC e conseguiu o título en 1948 cun estudo sobre oligoelementos. Desenvolveu o resto da súa carreira no Laboratorio Central de Renfe, onde entrou por oposición, e onde se dedicou a estudar o comportamento e resistencia das aliaxes.

Continuará...

FONTE: gciencia.com   Imaxes: porta.lcosga.es, Wikimedia Commons e lavozdegalicia.es

0 comentarios