ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XV)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Seguimos coa lista. Onte falamos do Oso Panda. Hoxe tócalle o turno á...
15. Bolboretas monarca
Estado: preocupación menor.
As bolboretas monarca (Danaus plexippus) aliméntanse da asclepia ou algodoncillo, unha planta tóxica que as fai velenosas ante posibles depredadores. Con todo, os herbicidas están a destruír millóns de hectáreas desta fonte de alimento esencial para as bolboretas cada ano. Estes inmensos e maxestosos enxames están compostos por individuos fráxiles, que se enfrontan unha contorna cambiante e un futuro profundamente incerto.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios