CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? III
Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.
A contestación correcta á pregunta de onte é O Lazarillo de Tormes. A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades, coñecida popularmente como Lazarillo de Tormes, é unha novela de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554. Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideoloxía moralizante e pesimista.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Que xénero combina A Celestina de Fernando de Rojas?
a) Novela realista con lírica
b) Comedia de enredo
c) Traxicomedia, mestura de traxedia e comedia
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia Imaxes: es.wikipedia.org e loqueleo.com
0 comentarios