CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XII
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é Si, pero só en Menorca e Eivissa. Aínda que en Mallorca hai torrentes de auga, os dous únicos ríos cun leito identificable son os de río de Cala Galdana ou Algendar, en Menorca, e o de Santa Eulària en Eivissa, aínda que o caudal deste último é moi estacional.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Que río pasa por Roma?
- Po
- Támesis
- Trebia
- Tíber
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios