CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? IX
Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Exaltación dos sentimentos e a liberdade individual. O Romanticismo caracterízase pola creación de obras profundas e íntimas e o seu lema como movemento cultural é a liberdade en todas as súas frontes. É unha reacción contra o espírito racional e crítico da Ilustración e o Clasicismo, e favorecía, ante todo. No mundo da literatura, o Romanticismo foi un movemento cultural que se produce ao final do século XVIII, pero que non termina de establecerse do todo na cultura, ata o século XIX e partindo de varios países europeos. O Romanticismo en España é tardío e breve xa que o realismo tivo maior forza e predominou desde mediados do século XIX. Así que poderiamos considerar que o romanticismo literario desenvólvese desde na primeira metade do século XIX e o posromanticismo ata a década dos 70 do século XIX. O romanticismo literario español é confuso e complexo. Pódense considerar dúas tipoloxías na literatura: o romanticismo tradicional e o liberal. O romanticismo tradicional defende valores tradicionais normalmente asociados á Igrexa e á Patria. E o romanticismo liberal ou revolucionario apóiase no historicismo e a dialéctica hegeliana. destacaremos a: Ángel Saavedra (El duque de Rivas), José de Espronceda, Mariano José de Larra, José Zorrilla, Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Quen é o autor da obra poética Campos de Castela?
- Juan Ramón Jiménez
- Antonio Machado
- Federico García Lorca
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org, miaulaabierta.wordpress.com e propia Imaxes: miaulaabierta.wordpress.com e zendalibros.com
0 comentarios