ENCRUCILLADO CCX
VERTICAIS: 1. Castaña 2. Capital e cidade máis poboada de Hungría 4. Río de curso fluvial asturiano, sendo o máis longo do principado con 145 km. 5. scudo redondo de coiro, de tamaño pequeno, usado antigamente polos habitantes da Península Ibérica 6. Concello galego da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña onde está o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia.
HORIZONTAIS: 3. Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies moi comúns nos montes de Galicia de follas moi pequenas flores brancas ou malvas tamén miúdas e que alcanza ata os tres metros de altura segundo a variedade de que se trate 7. Protozoo dunha soa célula, que vive na auga estancada ou en terreos húmidos e que cambia constantemente de forma, do que existen distintas especies, algunha delas parasita das persoas e dos animais 8. Anaco de terreo que queda por fóra dun muro ao cerrar a propiedade, pero que pertence a ela 9. Elemento químico metálico de cor branca azulada, que se oxida en contacto co aire e de símbolo Tl 10. Golfo longo, estreito e de gran profundidade, resultado da inmersión dun val glaciar, propio de Escandinavia, Escocia e Groenlandia.
0 comentarios