Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XXII

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Jacques E. Brandenberger. Este químico e enxeñeiro textil suízo (1872-1954) foi quen inventou o celofán en 1908. Feito de celulosa de madeira, o celofán concibiuse orixinalmente como unha capa destinada a facer que a roupa fose máis resistente ás manchas. Despois de varios anos de investigación adicional e melloras, e da construción dunha máquina que fabricaba esa película fina e transparente, comezou a produción de celofán en 1920. Comercializouse para fins industriais, incluíndo protectores dos ollos para máscaras de gas. Vendeu os dereitos dos Estados Unidos á empresa DuPont no ano 1923.

E imos coa pregunta de hoxe!

22. Quen inventou o Chupa Chups?

- Enric Bernat

- George Smith

- Luis Jiménez Somacarrera

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: invent.org e protectia.eu

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XXI

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Isaac Peral. Isaac Peral e Caballero (1851-1895) foi o científico, marino e militar español, que inventou o primeiro submarino torpedeiro a propulsión eléctrica e plenamente funcional, coñecido como u submarino Peral. O seu submarino non sería superado ata máis de dez anos despois. En 1895, John Philip Holland marcou un paso crucial no desenvolvemento do submarino ao deseñar por primeira vez un sistema mixto de combustión interna/propulsión eléctrica que superaría a limitada gama das baterías.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Quen inventou o celofán?

- William Hale Charch

- Samuel Courtauld

- Jacques E. Brandenberger

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: elespañol.com e es.wikipedia.org

SEGREDOS DO FONDO OCEÁNICO CON MAIOR CLARIDADE

Hoxe o insondable fondo mariño é un pouco menos insondable grazas á NASA, que publicou un mapa mundial do leito oceánico que revela por primeira vez outeiros abisais, pequenos montes submarinos e estruturas tectónicas previamente ocultas baixo sedimentos e xeo.

Esta topografía foi posible grazas ao satélite SWOT (Surface Water and Ocean Topography), lanzado en decembro de 2022, que utiliza interferometría de fase coherente de vangarda para medir a altura bidimensional da superficie do mar con alta precisión.

Utilizando un ano de datos oceánicos de SWOT, os científicos derivaron un campo gravitatorio global cunha resolución espacial próxima ao 8 km, revelando máis detalles que 30 anos de altimetría nadir satelital. Neste mapa de gradiente gravitatorio vertical, os outeiros abisais individuais, algunhas das cales se estenden entre 200 e 300 quilómetros, agora son visibles ao longo das concas oceánicas, xunto con miles de pequenos montes submarinos e estruturas tectónicas previamente ocultas baixo sedimentos e xeo.

Os outeiros abisais (ao sur do Océano Índico no vídeo) son o accidente xeográfico máis común no fondo oceánico, elevándose varios centos de metros por encima da chaira abisal. Formadas por fallas normais ao longo dos eixos das dorsais oceánicas, estes outeiros suavemente ondulados eran anteriormente difíciles de resolver a escala global. O mapa de gravidade de SWOT agora revela outeiros abisais individuais, o que permite estudar a reconstrución de placas e o impacto da topografía accidentada na mestura oceánica.

Os montes submarinos (ao oeste de Centroamérica nesta visualización) son volcáns submarinos formados por intrusións magmáticas a través da codia oceánica. Conforman a circulación oceánica, inflúen na distribución de nutrientes e serven como puntos quentes de biodiversidade.

Espérase que o mapeo de alta resolución de SWOT descubra aproximadamente 50.000 montes submarinos previamente descoñecidos de ao redor de 1 km de altura, o que mellorará significativamente a nosa comprensión da xeomorfoloxía do fondo mariño.

Segundo destaca a NASA, SWOT ofrece unha claridade sen precedentes nas marxes continentais, particularmente en rexións de alta latitude, revelando características tectónicas enterradas baixo sedimentos e xeo. Por exemplo, captura canóns submarinos que transportan sedimentos desde a terra ata as profundidades do mar ao longo da plataforma continental suramericana, así como antigas cordilleiras ocultas baixo o xeo no mar de Weddell.

FONTE: elmundo.es/ciencia

#DígochoEu: Atención ao 'pharming', esta perigosa técnica dos cibercarrachos

Que é o ’pharming’? Esther explícanolo. Os cibercarrachos 😈 non paran!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XX

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Juan de la Cierva. O autoxiro foi invención do enxeñeiro español Juan da Cierva e Codorníu (1895-1936), quen desenvolveu o rotor articulado que máis tarde usarían os helicópteros (aínda que é pasivo, este sistema deseñado por Juan da Cierva compensaba a diferenza de empuxe do aire batido, cando a pa vai adiante, co batido, cando vai atrás, que facía voar tanto ao autogiro como ao helicóptero). Tamén chamado xirocóptero é unha aerodino de ás móbiles, é dicir, neste caso, esta aeronave voa como os avións pero a súa á é un rotor que vira pola acción do vento relativo que o atravesa de abaixo arriba. Por iso, pódese considerar un híbrido entre o aeroplano e o helicóptero: do mesmo xeito que o aeroplano, a súa propulsión realízase mediante unha hélice, pero, ademais de ás, ten un rotor como o helicóptero. Este rotor non está conectado ao motor da aeronave, polo que autoxira, impulsado polo aire, xerando así a forza de sustentación. No helicóptero, pola contra, a propulsión e a sustentación prodúcense no rotor, que si está impulsado polo motor.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Quen inventou o submarino eléctrico?

- Cornelius Van Drebbel

- John Philip Holland

- Isaac Peral

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: elcorreo.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Oe, que non ollen!

Oen e Ollen son formas pero de verbos distintos. Atención á explicación de Esther!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXII

VERTICAIS: 1. Canizo 2. Vladímir 4. Maralloca 6. Trade 8. Tíbet.

HORIZONTAIS: 3. Fonsagrada 5. Pradairo 7. Cambota 9. Lérez 10. Terbio.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XIX

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alejandro Finisterre. Alejandro Campos Ramírez (1919-2007), máis coñecido como Alejandro Finisterre fué o inventor do futbolín español. O poeta, editor e ademais xornalista patentou en 1937 a versión do xogo máis utilizada no mundo, aínda que esa patente perdeuse. Pasou á historia como o inventor do futbolín. Con todo tivo unha vida chea de aventuras que non todo o mundo sabe, desde secuestrar un avión para xogar partidas de futbolín contra o Che Guevara.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Quen inventou o autoxiro?

- Harold Frederick Pitcairn

- Juan de la Cierva

- Ígor Sikorski

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: thepichichicompany.com   Imaxes: thepichichicompany.com e es.wikipedia.org