Blogia

vgomez

CANTO SABES DE BELIZE? XIII

Continúo coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Inglés. Os idiomas predominantes son o español e o criollo belizenco: o 56.6 % da poboación fala español, a 44.6 % fala criollo belizenco (de base inglesa) e a 10.5 % fala maia. Con todo, o idioma oficial é o inglés, falado polo 62.9 % da poboación como idioma secundario (tan só o 3 % da poboación fálao como lingua materna).

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a moeda oficial de Belize?

- Libra belizenca

- Dólar belizenco

- Peseta belizenca

Mañá a solución e última pregunta da serie!

DONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: proyectoviajero.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *párpado

En galego non temos *párpado, pero temos dúas formas para dicilo correctamente!

#DígochoEu

#DígochoEu: Que canseira ter que repetir que tan correcto é estar 'canso' como 'cansado'

Hoxe, Esther tráenos unha palabra que emprega moito: canseira! Sabes o seu significado?

#DígochoEu

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXVIII

Camiño FRANCÉS      

Camiño INGLÉS

Camiño PRIMITIVO                   

Camiño do NORTE

Camiño de INVERNO                  

Camiño PORTUGUÉS

Vía da PLATA                             

Camiño Mar de AROUSA e río Ulla

Camiño de FISTERRA e Muxía     

Camiño Portugues da COSTA

Camiños de Santiago!

CANTO SABES DE BELIZE? XII

Continúo coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1981. Belize, finalmente, alcanzou a plena independencia o 21 de setembro de 1981, aínda que Guatemala negouse a recoñecer á nova nación. Uns 1.500 soldados británicos quedaron para protexer Belize da ameaza guatemalteca.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o idioma oficial de Belize?

- Español

- Criollo Belizense

- Inglés

- Maia

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: prensa libre.com e inciclopedia.org

Heigo Kurosawa, o explicador de películas

A Irene Vallejo a súa paixón pola literatura vénlle desde pequena, cando a súa nai, cada noite, alimentaba a súa imaxinación contándolle contos antes de irse a durmir.

Neta de mestres e filla de grandes lectores, Irene medrou nunha casa rodeada de libros, foi unha nena curiosa e esperta que atopou nos textos literarios un lugar ao que agarrarse cando, con tan só 8 anos, sufriu acoso escolar `Eu creo que todas as persoas que amamos os libros – apunta - nun momento ou outro, sentimos que nos acompañaban, que nos protexían, que creaban un espazo seguro e confortable onde sentirnos comprendidos´

Vallejo converteu a súa paixón polas palabras na súa profesión. Doutora en filoloxía Clásica polas Universidades de Zaragoza e Florencia, o seu labor céntrase na investigación e divulgación de autores clásicos.

Colaboradora habitual de diferentes xornais, en 2011 publicou a súa primeira novela  A Luz Sepulta , e desde entón converteuse nunha das escritoras máis relevantes da súa xeración.

A súa carreira literaria alcanzou un fito en 2019 co Infinito nun xunco, onde a autora explora a historia dos libros desde as súas orixes ata os nosos días. Un ensaio con máis dun millón de exemplares vendidos, traducido a máis de 30 idiomas e polo que foi galardoada co Premio Nacional de Ensaio.

En 2023 publicouse a súa adaptación gráfica, unha obra na que Irene Vallejo colaborou co ilustrador Tyto Alba, engadindo unha dimensión visual ao texto orixinal, que acompañan e complementan o relato.

CANTO SABES DE BELIZE? XI

Continúo coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 400.000 habitantes. No 2000, a poboación total de Belize era de 240.799 habitantes, e no 2024 ascendería a 417.072, o que representa un incremento de 73.2%

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Antes de ser Belize, pasaron os maias, españois e ingleses que a convertiron en colonia en 1840 como Honduras Británica. Pero en que ano acadou a independencia deste país?

- 1862

- 1914

- 1954

- 1981

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: hia.paho.org/es e bbc.com

SOPA DE LETRAS CLXVIII

FRANCÉS       INGLÉS          PRIMITIVO      PLATA

NORTE            INVERNO       PORTUGUÉS

COSTA            FISTERRA      AROUSA