SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXIV
Peixes de Galicia!
Peixes de Galicia!
ABADEXO AGULLA ACEDÍA
PAPARDA RUBIO ANGUÍA
MARAGOTA MARUCA ZAMBORCA
BOCARTE BACORETA BERTORELLA
VERTICAIS: 1. BARBAÑA 4. ACORDEÓN 6. CARABINEIRO.
HORIZONTAIS: 2. TAIPEI 3. BACA 5. ESTRIPEIRO 7. CASTRAPO 8. NARCISISMO 9. HAFNIO 10. VILIPENDIAR.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Río da provincia de Ourense, que chegando á capital desemboca no río Miño, pola banda esquerda, preto da ermida dos Remedios e da Ponte do Milenio 4. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten 6. Crustáceo da orde dos decápodos semellante ao lagostino, pero máis grande e de cor vermella escura, con mome científico Plesiopenaeus edwardsianus.
HORIZONTAIS: 2. Capital de Taiwán 3. Armazón que se instala na parte superior dos vehículos para transportar equipaxes 5. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras 7. Variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizada pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego 8. Satisfacción que un sente da contemplación e atención de si mesmo, que se manifesta no excesivo coidado do propio corpo e no egoísmo nas súas relacións cos demais 9. Elemento químico metálico de transición, de cor branca brillante, dúctil e maleable, que se extrae principalmente do circonio, cuxo símbolo é Hf 10. Facer [alguén] obxecto de desprezo, dunha ofensa, de inxurias etc., ben sexa de palabra ou de obra.
VERTICAIS: 2. ARTESA 4. CESIO 6. MARÍN 8. BEAR 10. CACHIMBA.
HORIZONTAIS: 1. SUVA 3. BIBEI 5. MIRABEL 7. CARNEIRO 9. ARANCEL.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 2. Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan 4. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e de símbolo Cs 6. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeográfica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra 8. Emitir a súa voz a ovella, carneiro ou cabra 10. Instrumento que serve para fumar, composto por un recipiente onde se queima o tabaco e un tubo polo que se aspira o fume.
HORIZONTAIS: 1. Capital e cidade máis grande das illas Fiji 3. Afluente do río Sil pola esquerda da súa marxe, que á súa vez é un afluente do río Miño pola súa marxe esquerda, cun percorrido de 97 km que transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo 5. Variedade da ameixeira común, case exclusiva da rexión francesa de Lorena, que dá como froito unhas ameixas redondas, amarelas ou vermellas, das que O Rosal é un gran produtor e de nome científico Prunus domestica var. syriaca 7. Molusco mariño bivalvo da familia dos venéridos, de cuncha sólida e globosa, valvas simétricas con liñas concéntricas prominentes e dotadas de rugosidades descontinuas e cor amarela gris ou parda, que vive nos fondos de area algo lodosa e de nome científico Venus verrucosa 9. Tarifa que se paga polos dereitos de importación nunha aduana ou pola utilización de certos servizos.
Algunhas da illas máis grandes do mundo!
GROENLANDIA BORNEO MADAGASCAR
SUMATRA HONSHU CELEBRES
TERRANOVA LUZÓN ISLANDIA
MINDANAO CUBA TIMOR
SICILIA XAVA CERDEÑA